Información importante da ANPA e o curso escolar

Estimados pais, nais, tutores:

Dende a Anpa “A Cubela” queremos darvos a benvida a este Novo Curso Escolar 2018-2019.
A continuación informamos do obxecto da asociación, así como das cuestións máis importantes para o inicio do curso.

Que é a Anpa?

A Asociación de Nais e Pais de Alumnos (ANPA) e una entidade sen ánimo de lucro que ten como obxectivo fundamental o de velar pola educación de calidade nos centros educativos dos seus fillos e representar os intereses dos pais, nais ou titores legais en relación ao centro.
Como calquera asociación sen ánimo de lucro, ten uns estatutos, cobra unha cota a seus socios e dispón dun CIF e unha conta corrente nun banco. Todos os seus datos económicos son públicos.
As Asociacións de Nais e Pais de Alumnos, como organización natural dos pais de cada centro, son resultado da preocupación pola educación dos seus fillos e das necesidades de intervir, como parte integrante de la comunidade educativa, nas decisións que afectan ao ensino.

A Anpa ten potestade para:

1.Ter representantes no Consello Escolar do Colexio onde se toman moitas decisións que afectan a educación dos nosos fillos e a organización do centro.
2.Ademais de participar na xestión do colexio a través do Consello, a ANPA colabora e ten interlocución directa coa dirección do colexio e co claustro.
3.Polo anterior, a través da ANPA os padres poden propor suxestións e presentar queixas, tanto sobre temas internos do colexio, como externos (política educativa das administracións, actividades no municipio, etc.).
4.A ANPA xestiona actividades extraescolares que se realizan dentro ou fora do colexio.
5.A ANPA organiza actividades culturais e formativas, excursións, comedor, etc.

FICHA DE DATOS

No apartado de descargas desta Web tedes a ficha de datos que teredes que cubrir OBRIGATORIAMENTE tódolos socios, aínda que os nenos non vaian a actividades.

LEMBRADE

1.Poñer claramente a dirección de correo electrónico. As comunicacións realizaranse maioritariamente por este medio.
2.Riscar ao final da ficha a cesión de dereitos de imaxe para aparecer nas fotos de grupo e da páxina web do Anpa.
3.Achegar a xustificante bancario do pago da cuota e o seguro coa ficha. NON SE RECOLLERA NINGUNHA FICHA SIN O XUSTIFICANTE BANCARIO.

COMEDOR ESCOLAR E SERVIZO DE MADRUGADORES

Para darse de alta no COMEDOR é necesario cubrir a ficha de inscrición que atoparedes na web
Tamén dispoñemos de servizo de madrugadores en horario de 7.30 a 9.00 h.
Todos os detalles aparecen na ficha de inscrición que podedes descargar nesta web.
Consultade a data de inicio do servizo de comedor para os nenos de 3 anos.

UNIFORME ESCOLAR

O uso do uniforme é opcional. Os que queiran utilizalo poden mercalo en: CORTE INGLÉS
As actividades deportivas empregarán para os eventos e competicións un único uniforme que se mercará en VD serigrafía (c/claveles 7)
Dispoñemos dun banco de uniformes no local do ANPA, aqueles que queiran retirar ou deixar algunha prenda, por favor pasádevos polo local

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Os nenos de infantil que utilicen o servizo de comedor deberán levar unha tarxeta informativa para facilitar o paso do comedor ás actividades que deberán levar cuberta e visible. O modelo podese descargar desde a web.

Saúdos
ANPA A CUBELA

Dime y lo olvido, enséñame y lo recuerdo... involúcrame y lo aprendo Benjamin Franklin